Sanidade

PP e BNG rexeitan o recurso estatal contra o catálogo galego de medicamentos e o PSdeG celébrao porque ''garante dereitos''


Etiquetas: catálogo medicamentos, farmacéuticas, sanidade, saúde

04/02/2011 - AGN

Os grupos políticos de PP e BNG expresaron xa o seu rexeitamento ao recurso aprobado polo Consello de Ministros contra o catálogo priorizado de medicamentos de Galicia. Con todo, mentres o PP o cualificou de "moi mala noticia", o BNG aproveitou para criticar que a "mala xestión da propia Consellería de Sanidade" está a xerar problemas na implantación do sistema. Pola súa banda, o PSdeG celebrou o recurso por entender que garante "que os galegos teñan os mesmos dereitos que o resto dos cidadáns".

O voceiro de sanidade do grupo popular, Miguel Santalices, non ve "razoable" que "a primeira medida da ministra Pajín sexa ir en contra do Parlamento de Galicia, en contra do Goberno de Galicia e da sanidade pública dos galegos", e defendeu que o catálogo é "legal".

O deputado do PPdeG lamenta que o Goberno central entendese a iniciativa autonómica "como un pulso ao Ministerio en lugar de como un pulso á sustentabilidade do sistema, que é o que é", e proclamou que o catálogo se está aplicando con normalidade, permitindo "un aforro de 300.000 euros ao día mantendo as mesmas coberturas".

Pola súa banda, a deputada do BNG Ana Luisa Bouza recordou que a formación nacionalista xa se situou contra o recurso, aínda que engadiu que a formación frontista "non aceptará que Núñez Feijóo utilice este recurso para xustificar a súa política sanitaria de recortes e privatización". Ademais, criticou a xestión da Xunta e atribuíulle os problemas de aplicación, "ao que hai que sumar a falta de negociación coas farmacias e a ausencia de información a usuarios e facultativos".

Finalmente, a postura do PSdeG é radicalmente oposta. O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, valorou a decisión estatal e apuntou que "a redución de dereitos non pode xustificarse baixo ningún concepto". Segundo indicou, o catálogo reduce para os galegos o acceso a 427 medicamentos con respecto ao resto do Estado.

Pola súa banda, o portavoz de Sanidade do grupo parlamentario do PSdeG, Modesto Pose, sinalou que a Xunta debe "recular, se queda algo de responsabilidade, e actuar no ámbito da prescrición por principio activo". Ademais, recordou que as comunidades autónomas "só poden incrementar dereitos, non poden reducir prestacións" respecto ao conxunto estatal.

3'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



28 comentarios

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#28 Por cabeza 06-02-2011 12:42

Normal

¿Por qué cualquier cardiólogo te dice que si puedes tomes como ANTIAGREGANTE iscover o Plavis, los tomes antes que el generico clopidogrel?
Sin mirar sus ideologias, pero la responsabilidad del daño de los genericos a medio plazo la tiene alguien.


#27 Por Toxo 06-02-2011 00:47

Normal

ferrete, para que te esfuerzas?

si esta idea hubiese salido del paritorio sociata....... verías como aplaudian hasta con las orejas, como se le ha ocurrido a Feijóo ( azote de cubiles de colocación y agencias varias de bng y psdg) ... pues palo palo y mas palo al dictado de Madrid

la realidad es que es una idea que redunda en el beneficio de todos, del bolsillo de todos ( ya se sabe que los sociatas con el bolsillo de todos son muy generosos) igual por eso les jode?


#26 Por ferrete 05-02-2011 21:04

Normal

O dobre cego e aquel que nin quere nin lle interesa aceptar unha proposta imaxinativa, aforrativa, e social e medicamente neutra.
Doutor, Doutor, o máis caro, por cartos que non sexa.
Tempos veredes amigo Sancho en que a cura das enfermidades estará nas letras dunha multinacional na caixa das menciñas, levando incorporadas prebendas beneficios e bufandas para prescriptores, expendedores e demáis intermediarios, sendo indiferente se a caixa dentro leva un principio activo o unha bosta da marela.


#25 Por Pratodos20 05-02-2011 20:46

Normal

Como che dixen non podo aportar datos comparativos PORQUE NON EXISTE NENGUN ESTUDO DOBLE CEGO COMPARANDO OS XENERICOS E OS DE MARCA, ¿demostramo ti? o de a cantidade por lei esta definida que pode levar un 20 % menos de farmaco, o do excipiente simplemente mirao ti nas caixas e veras porque dan tantos problemas de alerxias os xenericos, ¿por que cres que cambian de color ou sabor? e a fabricacion pois enterate onde os fan e veras que se envasan en paises di terceiro mundo (India por exemplo) e pra rematar fai unha proba pon un xenerico nun caixon, e pon un de marca, deixaos tres meses... abreos... e o sorpresa!!!!!!
O resultado deixoo a tua curiosidade.
que ignorante eres niste tema!!!!
De nada.


#24 Por Pratodos20 05-02-2011 20:42

Normal

FERRETE, repitocho, NON TES NIN IDEA.
E sei bastante mais ca ti do que falo. (non e o lugar de sacar nin titulos nin formacion)
(o de retractarte en publico e algo que sempre dis e que nunca fas, mais ben fas "mutis polo foro" cando che conven)


#23 Por ferrete 05-02-2011 18:35

Normal

PRATODO20: esto que afirmas "volvocho a poñer por si o pasaches por alto a ultima vez: o principio activo e o mesmo, pero a cantidade non, o excipiente tampouco, a calidade de fabricacion tampouco, os estudos comparativos nengun" E RADICALMENTE FALSO, e retractareime en público cando aportes algunha documentación seria que o avale.
Deixa de cacholear no que non sabes. Máis da metade da miña familia come a conta deste negocio, e insisto, a única diferencia radica no color ou no sabor, pero a EFICACIA DO FÁRMACO é absolutamente a mesma.
O enfoque político dádesllo aqueles que cortaríades as mans antes de escribir un recoñecemento a unha acertada medida da dereita en Galicia.


#22 Por Pratodos20 05-02-2011 18:24

Normal

FERRETE, NON TES NIN IDEA. (volvocho a poñer por si o pasaches por alto a ultima vez: o principio activo e o mesmo, pero a cantidade non, o excipiente tampouco, a calidade de fabricacion tampouco, os estudos comparativos nengun)
Si che respondo e porque temos parolado moitas veces, pero mira mais ala da politica ahi outros mundos.
Nota: o da ignorancia do profano, non fales sin saber.
Un saudo.


#21 Por ferrete 05-02-2011 17:39

Normal

PRATODOS20: non hai peor ignorancia ca do profano:
Aceites La Giralda da mesma cuba saca aceite La Giralda de 0,4 graos a 2,50 euros o litro e aceite Carrefour 0,4 graos a 1,90 euros litro. Mesma cuba, mesmo aceite e mesmo beneficio, xa que os 60 céntimos aforranse en imaxe de marca, publicidade, distribuidores e márxenes comerciais máis axustados.
Paracetamol xenerico de Laboratorios Sandoz e o mesmo que o non xenérico do mesmo laboratorio pero a metade de prezo. Quen perde? a farmacia que percibe a metade de marxe (non é o mesmo o 20% de dous euros ca de catro) o médico que receta en concepto de "premios" e o marxe do laboratorio. Quén gaña? quen paga mediante impostos.


#20 Por Pratodos20 05-02-2011 16:50

Normal

Ferrete, dame a sensacion que o que anda nervioso eres ti, cando perdes os papeis tan facilmente, e a UNICA lectura que fas do tema e a politica, facendo acusacions a colectivos sin coñecemento, por certo o catalogo tamen esta recurrido pola Federacion de Farmacias... por algo sera... niste tema non tes nin idea.
Por alusions personais repitocho para ver si o pillas con un exemplo, non e o mesmo un cubata de Cardhu, que un cubata de garrafon os dos son cubatas... pero non son o mesmo.


#19 Por asinosvai 05-02-2011 16:04

Normal

Nestes tempos de crise, o máis importante de todo, polo visto, son os cartos que se aforran ou non, xa vexo que ninguén fala das persoas. Persoas que están sufrindo nas súas carnes o catálogo da Xunta, e explícome: Co cambio de medicamento, moita xente está a ter molestias na súa saúde, e eu (coma calquera) coñezo xente á que o cambio lle causou efectos e reaccións non desexados. Os galegos como somos de non queixarnos cando nos foden os do PP, non nos queixamos, outra cousa sería se a lei fora a nivel estatal; quen nos vería despotricar en contra de "ese demo dese Zapatero" .


#18 Por ferrete 05-02-2011 15:14

Normal

Seguimos cos disparates para xustificar a inxustificable actitude ante unha extraordinaria medida de aforro que non reduce a prestación social:
#16 FEDETE: "para los enterados de todo, le vendría bien la cebada" e para os maleducados un bozal.
#14 SUBIACO: "Excepto o tal Ferrete, creo que isto pode entendelo todo o mundo, mesmo os nenos de primaria.". Os nenos de primaria, a maioría son moito más espabilados ca ti, e por suposto máis educados.

#15 ALPHA: "¿Un catálogo para cada Autonomía como dicen más abajo?" Non, non, un catálogo para cada autonomía non, este é tan bo que vale para todas. Recoñecede que a idea é magnífica. Aparcade o sectarismo.


#17 Por ferrete 05-02-2011 15:09

Normal

Queda demostrado, vendo as reaccións neste foro, que o catálogo de Feijóo acertou de pleno. Están tan nerviosos que machacan a tope os miolos para tentar de buscarlle un fallo polo que atacar a medida a imaxe e semellanza da fata que temos por ministra de sanidade.
Imos facer un recopilatorio de "argumentos":
#11 PRATODOS20: "a cantidade non, o excipiente tampouco, a calidade de fabricacion tampouco". Os xenéricos son como as marcas blancas a mesma calidade sen pagar a marca ( paracetamol xenérico =laboratorios Sandoz)
#9 ERASE:"qe se fijen qe medicamentos consumen los medicos y sus familiares". Compañeiro, porque eles non os pagan, regálanllos.


#16 Por fedete 05-02-2011 14:48

Normal

los partidarios de los genericos que se dediquen a las plantas medicinales son más baratas, hacen menos daño y ahorran mas. Y para los enterados de todo, le vendría bien la cebada.


#15 Por Alpha 05-02-2011 14:33

Normal

Este PP es increíble. Anda predicando políticas de Estado, medidas comunes, planes de ahorro unitarios. Y hete aquí, que a primeras de cambilo va el Feijo y la Farjas y hacen su Cataloguito para Galicia. A eso se llama cinismo y falta de sentido común. ¿Un catálogo para cada Autonomía como dicen más abajo?
Va a tener razón mi abuela: a esto de la política de dedica lo peor de mcada casa. Y los más torpes.


#14 Por Subiaco 05-02-2011 13:33

Normal

Séguenme sen cadrar as contas. España é un país pequeno, dividido en 17 autonomías. ¿É viable para o sistema sanitario que cada autonomía teña o seu catálogo? ¿Dezasete catálogos?
As farmacétuticas deben estas salibando. Pais de parvos... A medida pretendidamente progresista da Xunta non é tal. É un divide e vencerás. E vencerán, claro, as multinacionais. ¿Ou pensa a tal Farjas poñer firme a estas poderosas industrias?
Un pouco de sentidiño e un catálogo único aprobado por todas as autonomías para toda España.
Excepto o tal Ferrete, creo que isto pode entendelo todo o mundo, mesmo os nenos de primaria.


#13 Por roxo 05-02-2011 12:03

Normal

A ver se agora a dereita aplica medidas de esquerda e a esquerda medidas de dereitas.

O catalogo galego e unha medida tipica de planificacions socialistas, que por unha vez e sen que sirva de precedente funciona.

Se as industrias farmaceiticas competisen en precio e calidade en lugar de en publicidade e huntado de medicos, o catalogo non serviria para nada, pero hai principios activos que costan 10 veces o que o xenerico so pola marca.


#12 Por Trm 05-02-2011 10:33

Normal

Para una vez que se hace algo serio; a los que ponen el recurso, al ministerio de Sanidad si que había que llevarlos a los Tribunales...


#11 Por pratodos20 05-02-2011 09:29

Normal

Ferrete, trabucaste, (aunque dixen que iste non era o momento de falar dos xenericos) o principio activo e o mesmo certo, pero a cantidade non, o excipiente tampouco, a calidade de fabricacion tampouco, os estudos comparativos nengun.... ¿ti crees que realmente o gasto da empresa farmaceutica e o que dis....? perdoa pero estamos a falar de centos de millos de euros, que manexan as multinacionais farmaceuticas. O tema e moito, pero moito mais complexo do que che fan creer Ferrete.
Quedate ca ultima frase de #9 Por erase . un saudo


#10 Por 1234567 05-02-2011 02:23

Normal

Sain do Hospital do sergas con un informe dos especialistas no que me daban unha menciña pra dez dias, o medico de cabeceira non pode receitala, como confio nos especialistas vou a farmacia e comproa (12€)... aforro pro sistema.


#9 Por erase 04-02-2011 23:47

Normal

es muy facil hacer una medida para poder decir qe se ahorran x millones de euros al mes,pero lo que trae consigo es qe todas las multinacionales echen a la calle a miles de trabajadores ya que es mucho mas rentable envasar el principio activo qe tener a 1000 personas investigando.


para los qe dicen qe los genericos son iguales,qe se fijen qe medicamentos consumen los medicos y sus familiares


Páxina

  • 1
  • 2
  • Acceder Crear usuario

    Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





    captcha

    Cambiar por outro


    Un pouco de HTML está ben
    Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>