Cine

As Lúas de Amal volven a Santiago de Compostela


Etiquetas: Santiago, Amal, cine

09/02/2011 -

O mellor cinema árabe regresa ás noites compostelás coas Lúas de Amal. Dende febreiro e até xuño, esta iniciativa brínda unha nova oportunidade para gozar de películas que xa participaron en anteriores edicións do festival Amal, organizando proxeccións gratuítas que terán lugar o último luns de cada mes.

As Lúas de Amal aposta unha vez máis pola interactividade e a participación do público, xa que serán eles os que teñan a última palabra para decidir que título se proxecta. Cada mes, os espectadores poderán votar pola súa película favorita entre tres opcións propostas na páxina web de Amal: www.amalfestival.com.

Este mes, poderán escoller entre o documental xordano 'Árabes cristiáns', a longametraxe marroquí 'Acórdaste de Adil?' ou unha sesión de tres curtametraxes exipcias: 'A Criada', 'Sobre o ceo baixo o chan' e 'Vermello pálido'.

As votacións on-line estarán abertas até o vindeiro festival a opción máis votada, que se proxectará o luns 28 de febreiro na Galería Fundación Araguaney ás 22.00 horas.

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html