Literatura

BNG e CIG reclaman un día oficial no calendario escolar para Rosalía de Castro


Etiquetas: literatura, Rosalía, homenaxe

24/02/2011 - Galiciaé

A voceiro de Educación do BNG, Carme Adán rexistrou unha Proposición non de lei que defenderá proximamente  na Cámara galega ao fin de  declarar a data, 24 de febreiro, “Día  de Rosalía” coincidindo co  aniversario  do nacemento da fundadora da literatura galega contemporánea, Rosalía de Castro.
Adán tamén pide nesta iniciativa que o  “Día de Rosalía” sexa recollido no calendario escolar oficial anual e se organicen, nos centros de ensino, actividades conmemorativas da súa vida, obra e pensamento, “significativamente  válidos e presentes onte e hoxe”.

Por outra parte, CIG-Ensino dirixiuse ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, para trasladar a petició nda Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) de que o Día de Rosaía pase a formar parte do calendario escolar.

A CIG-Ensino defenderá a inclusión desta data no calendario escolar, no apartado de conmemoracións, con carácter permanente na Mesa Sectorial en que se trate o tema. CIG-Ensino considera fundamental que os centros escolares, realicen actividades diversas destinadas a homenaxear a Rosalía Castro, como xeito de afondar no coñecemento da nosa autora máis representativa, transmitindo ás xeracións máis novas "o amor e o respecto polo que nos é propio: a nosa lingua e a nosa cultura".

A CIG-Ensino xa lle propuxo aos centros escolares que, no día de hoxe, realizasen actividades didácticas de homenaxe á nosa escritora, sumándose aos actos convocados pola AELG no seu desexo de institucionalizar a celebración desta data.

5'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>