Denuncia de científicos e ecoloxistas
A concentración parcelaria 'arrasa' árbores centenarias en Rairiz de Veiga
06/03/2008 - Galiciae / EFE
As obras de concentración parcelaria que comezaron hai pouco máis dun mes nos municipios ourensáns de Porqueira e Rairiz de Veiga -declarado Reserva da Biosfera- espertou as críticas de científicos e ecoloxistas.
Información relacionada
Aseguran que se están talando e arrincando castaños e 'carballos' centenarios, seguindo un modelo de arrasar "con todo", segundo o catedrático de Xeografía Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Augusto Pérez Alberti.
O Movemento Ecolóxico da Limia (MEL) presentou hai catro meses unha denuncia ao Comité de Reservas da Biosfera avisando de que "se ía a iniciar unha concentración parcelaria que segue o método de Castela en lugar de respectar o sistema tradicional agrario, xa que inviste seis millóns de euros en abrir grandes pistas e deforestar as beiras dos ríos e camiños".
200 'carballos' tallados antes de paralizarse as obras
O portavoz de MEL, Manuel García explica que en Rairiz de Veiga taláronse uns 200 'carballos' centenarios "nunha obra que nin sequera tiña autorización da Consellería de Medio Ambiente, polo que se paralizou hai unha semana. Aínda que cre que "o dano está feito e é irrecuperable".
Pola súa banda, o delegado en Ourense da consellería de Medio Rural, Xosé Rodríguez Cid, confirma a prohibición porque detectaron "un abuso nas talas para leña xa que aumentou de forma escandalosa a petición de autorizacións".
Asegura ademais que puxeron vixilancia na zona co resultado de que catro particulares foron denunciados pola Garda Civil e axentes forestais. En todo caso, matiza que a concentración parcelaria se atopa en fase de medición topográfica e que existe un decreto asinado para excluír das futuras obras os humidais coñecidos como "As Veigas" de Rairiz.
Declarar a zona Monumento Histórico Natural
A realidade para a organización ecoloxista MEL é que estas obras se seguen facendo como fai 40 anos, e para intentar evitalo no futuro preparan un informe para que estes humidais sexan declarados Monumento Histórico Natural.
Pola súa banda, a investigadora da USC, Inmaculada Romeu, asegura que a zona afectada pola talla, en plenas "brañas" é o hábitat da planta 'Eryngium vivíparum', unha especie de "cardo" extinguido en Portugal e Francia do que restan poucos exemplares neste municipio ourensán, en Lugo e en Zamora.
O director do Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento (IBADER), Pablo Ramil, apunta que dado que os humidais se atopan tamén dentro da Rede Natura 2000 e probablemente formarán parte da Zona de Especial Protección de Aves da Limia "as tallas e concentración parcelaria só poden atribuírse a un descontrol das administracións e a facer as cousas con présa".
A apertura de pistas en Porqueira
En relación a Porqueira, o delegado provincial de Medio Rural indicou que hai obras de concentración parcelaria con apertura de pistas "pero descoñezo a existencia de danos ambientais, salvo algunha árbore que sempre hai que quitar para abrir as pistas".
Porén, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) cualifica de "expeditiva" a deforestación realizada nesta zona, porque se arrincaron exemplares de gran tamaño.
Por este motivo, tanto o presidente da SGHN como a delegación da asociación en Ourense enviaron dous escritos informativos aos departamentos con competencias na Xunta, so que aseguran non ter recibido contestación.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.
#2 Por Moscacojonera 06-03-2008 23:43
Las concentraciones parcelarias en Galicia SON INVIABLES,son el primer paso PARA LA DESERTIFICACIÓN.
De no haberlo hecho a su debido tiempo hace cincuenta años,como dice el opinante anterior HOY NO TIENEN JUSTIFICACIÓN.
Sres.Políticos,extrújense lo que "buenamente tengan de cerebro" y a otra cosa mariposa.












