LETRAS GALEGAS '11

Presentan en Lugo unha exposición multimedia sobre a vida e a obra de Lois Pereiro


Etiquetas: literatura, Letras Galegas, Lois Pereiro, Lugo

18/04/2011 - Galiciaé / Axencias

A Biblioteca Pública Nodal de Lugo foi o escenario elixido para presentar unha exposición multimedia que se desprazará por Galicia para achegar aos lectores a vida e obra do poeta monfortino Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

A citada exposición, organizada polas consellerías de Cultura e Educación, coa colaboración do equipo 'Ouvirmos', estará en Lugo durante quince días. Posteriormente, iniciará un periplo que a achegará ás outras cinco bibliotecas nodales que hai en Galicia e a numerosos centros escolares da Comunidade.

A mostra está formada por unha pantalla táctil interactiva e un muro vertical multimedia, para permitir o acceso, de forma "dinámica e innovadora", aos contidos sobre a vida e obra do poeta, segundo informaron os promotores deste proxecto.

Na apertura desta exposición itinerante participaron o director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, Francisco López; o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; a directora da Biblioteca Pública Nodal de Lugo, Marisol González, e o irmán do poeta monfortino, o xornalista Xosé Manuel Pereiro.

Durante a súa intervención, Francisco López, cualificou a Lois Pereiro como o "gran poeta da Galicia urbana" e mostrouse convencido de que esta exposición multimedia pareceulle ao propio poeta "o formato máis acertado para reflectir a súa personalidade", porque sabía que "o mundo cambiara radicalmente e creara novos modelos de comunicación".

Xosé Manuel Pereiro recoñeceu que "Lois estaría contento de todo este 'rebumbio' que se está formando ao redor del". Segundo o seu irmán, aínda que non chegou a coñecer o "fenómeno de Internet, seguro que lle encantou", polo que "o feito de que a súa vida e o seu contexto formen parte dunha exposición deste tipo, gustaríalle".

Pereiro afirmou que o seu irmán non "contribuíu a encher as bibliotecas", porque só publicou dous libros en vida e unha obra póstuma. Con todo, tamén recordou que foi "un autor de culto", situado "fóra do sistema" e dos "cenáculos", que "esgotou unha edición de 1.500 exemplares" da súa primeira obra e "dúas de 1.000" da segunda.

Por iso, subliñou que é "emocionante e significativo" que a súa figura teña "este recoñecemento oficial", pero tamén por parte dos editores privados, porque se van publicar uns vinte libros e tres ou catro discos" sobre a súa vida e a súa obra.

De feito, Francisco López anunciou que os seus poemas serán traducidos ao inglés.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>