Prognóstico reservado (I)

As sondaxes electorais nas cidades


Etiquetas: Prognóstico reservado, eleccións, 27-M, sondaxe

22/05/2007 - Carlos Neira Cortizas (Santiago)

Unha vez que xa rematou o prazo legal de publicación de enquisas electorais é hora de facer balanzo.

Desde hoxe até o venres, o último día de campaña previo á xornada de reflexión, repasaremos os principais resultados que poden tirarse do conxunto de sondaxes publicadas, empregando para iso os datos que figuran neste informe.

Nesta síntese analizaremos e separaremos os concellos grandes dos medianos. Entre os grandes incluímos as 7 cidades e tamén Vilagarcía de Arousa, concello que varios medios adoitaron incluír, de forma arbitraria, xunto aos anteriores. Estes 8 concellos reúnen case o 38% da poboación galega, aínda que só representa o 35% dos votos emitidos –algo máis de un terzo.

Nesta cita electoral, a proliferación de enquisas en concellos de entidade inferior aos anteriores foi tal que nos permite reunir informacións sobre a estimación de voto e/ou a asignación de edís para un conxunto de 13 concellos meáns e pequenos, que van desde os 5.000 aos 35.000 habitantes.

Concellos grandes
Á vista das 6 enquisas realizadas ao mesmo tempo nestes 8 concellos, o primeiro dato significativo que podemos obter devén de compararmos a distribución de edís saída das urnas en 2003 coa media das distribucións descritas ou proxectadas nas últimas semanas e meses.

Este contraste fornécenos unha visión das tendencias xerais de voto, isto é, o dato máis estable e fiable que adoitan recoller as enquisas electorais. O signo das variacións recollidas na táboa van adiantarnos con bastante probabilidade o comportamento que vai experimentar cada forza política no agregado da Galiza urbana.

Segundo esta comparanza de entre as 3 grandes forzas hai unha que subiría –o PSOE-, unha ficaría aproximadamente igual –o  PP- e outra descendería – o BNG. Entre as forzas minoritarias IU experimentaría un crecemento notable, aínda que se mantería cun reducido número de edís e só acadaría representación en algúns dos concellos, e o resto de forzas –independentes e forzas de recente creación como PG e TG-- rexistrarían tamén unha redución.

A análise complétase coa comparación entre as porcentaxes de voto válido obtidas en 2003 e as apuntadas polas sondaxes. Neste aspecto salienta a proximidade aínda máis estreita entre PPdeG e PSdeG, no que ten toda a traza de ser un adianto do que será a
rivalidade bipartita das eleccións xerais do ano vindeiro.

As enquisas indican que na suma das 8 cidades o PSdeG volvería ser, como en 2003, a primeira forza en estimación de voto, pero a diferenza de hai catro anos, agora tamén sería a primeira forza en número de edís, con unha pequena vantaxe sobre o PPdeG.

Como curiosidade apuntaremos que nas enquisas publicadas en El Correo Gallego a estimación voto e de edís para PP e PSOE tende a ser máis alta que a media, e menor a do BNG e a do voto en branco, entanto que nas de La Voz de Galicia acontece á inversa.

4'6 (14 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>