Prognóstico reservado (II)
As sondaxes electorais nos concellos medianos e pequenos
23/05/2007 - Carlos Neira Cortizas (Santiago)
Nesta segunda toma, imos ver as tendencias nos concellos medianos e pequenos
Información relacionada
Concellos medianos
Un exercicio análogo ao que fixemos coas sondaxes nas cidades é o que realizamos nos concellos de mediano tamaño, supoñendo as enquisas publicadas para varios algúns deles serven para describir o comportamento da totalidade. Neste concellos meáns vive preto do 46% da poboación galega, una cifra superior á que reúnen as 8 cidades.
Esta aproximación á realidade está necesariamente nesgada, pois a selección de concellos non é aleatoria e só cobre aproximadamente a un terzo do censo electoral deste tipo de municipios. Mais o interese de comparar as previsións de voto entre cidades e concellos medianos parece o suficientemente interesante para seguir adiante unha vez feita esta advertencia.
Segundo estas sondaxes o PPdeG sería a primeira forza nos concellos medianos, tanto en voto como sobre todo en edís –dado o efecto da Lei d'Hondt e o dispórmos dunha mostra menor no caso das porcentaxes de voto.
Comparando as sondaxes co resultado das anteriores eleccións municipais, apréciase un notable retroceso do PPdeG –que contrasta coa estabilidade nas urbes- e unha caída das candidaturas independentes e de forzas “galeguistas”. Estas diminucións van acompañadas de crecementos de magnitude parella por parte do BNG –que perdía apoio nas cidades- e do PSOE –que ratifica así o seu avanzo xeral.
Notas: As proxeccións de edís proveñen de 17 enquisas diferentes, mentres que a proxección de voto provén de 10 enquisas que achegaron este dato. O aumento de poboación fixo pasar estes concellos de 293 a 297 edís.
Concellos pequenos
E no resto de concellos? Os que teñen menos de 5.000 habitantes, que xuntan ao 17% da poboación galega, non hai publicada ningunha enquisa, aínda que con certeza os partidos políticos terán encargado algunhas.
A teor dos resultados históricos, e mesmo supoñendo un comportamento nestes concellos semellante ao dos concellos medianos, o dominio do PPdeG tería que continuar a ser xeral, aínda que á baixa, cunha presenza minoritaria do PSdeG-PSOE e máis reducida aínda do BNG, pero crecente en ambos casos.
O efecto do voto ao poder ou a quen goberna será nestes concellos pequenos, se callar, algo máis forte, en virtude das maiores dificultades que as forzas políticas teñen para anovar efectivos e innovar propostas, o que quizá reduza a intensidade das variacións, conservando iso si o seu signo.
Todos os concellos
Tendo en conta todas as informacións anteriores parece razoábel pensar nun escenario no que a suba do PSdeG-PSOE vai ser case xeral, e no que PPdeG e BNG tentarán compensar inversamente nunhas zonas de Galiza as perdas de voto que terán no resto do País.
Se nos fiamos dos números é probable que o BNG mellore lixeiramente os seus resultados globais, entanto que o PP veraos notablemente reducidos, aínda que iso si, manterá o tipo nas cidades de mellor xeito que os nacionalistas.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.










