Prognóstico reservado (III)

As cidades máis tranquilas


Etiquetas: eleccións, 27-M, sondaxe, Prognóstico reservado

24/05/2007 - Carlos Neira Cortizas (Santiago)

Lugo
Sen dúbida ningunha, a cidade dúas veces milenaria é o lugar onde as enquisas se moveron menos e onde todo o bacallau semella vendido, salvo que se dea unha viraxe insólita nesta última semana de campaña.

O efecto Orozco, ou síndrome, segundo os casos, prevalecería a teor das enquisas, permitíndolle ao PSOE manter cando non aumentar a súa maioría absoluta. O PP seguiría liderando a oposición.


Ferrol
Na cidade ilustrada as enquisas móvense como en ningures, e debuxan algunhas das variacións positivas e negativas máis claras de toda a Galiza urbana. Porén, o resultado que se agarda é, cualitativamente, o mesmo en todas as sondaxes.

Todas as enquisas coinciden en describir a perda da maioría absoluta por parte do goberno bipartito PP-IF. Quizá esa claridade nas expectativas é a que ten inducido fortes transferencias de voto ao longo dos últimos meses e mesmo semanas.

Eses movementos terían beneficiado enormemente ao PSOE e ao seu candidato, que máis que duplicarían o seu apoio electoral, de se materializar os prognósticos. A única dúbida que existe é, como en Pontevedra, como resultará o equilibrio de forzas nun máis que probable goberno tripartito.

Ademais, os efectos marxinais ou colaterais da marusía que azouta a ría ferrolá, poderían dar lugar mesmo a dous sorpassos: o de IU sobre o BNG e outro máis improbábel de IF sobre o PP.


Pontevedra
As enquisas realizadas na cidade do Lérez mostran, como en Lugo, moi poucas variacións entre elas. Todo indica que en Pontevedra non haberá maioría absoluta de ningunha forza, que o PP será a forza máis votada, seguida a pouca distancia do BNG e co PSdeG como terceira forza a bastante distancia.

Aínda que as sondaxes apuntan a que podería haber unha disputa pola vitoria, por gañar ou quedar en primeira posición, entre PP e BNG, todos os inquéritos coinciden en apuntar un maior desgaste da forza do alcalde.

Se a iso sumámoslle que en 2003 as sondaxes sobrevaloraron o resultado do BNG, darlle a volta a este dato semella complicado. En calquera caso, o goberno de coalición BNG-PSOE é o claro resultado destas eleccións nas que o que se decide é o reparto do poder entre as forzas progresistas.


Vilagarcía de Arousa
Un panorama semellante ao de Ferrol é o que encontramos no concellos máis populoso da Arousa, con 5 forzas políticas que teñen representación no concello e que esperan reeditala, e tamén cunha expectativa clara de goberno progresista.

Dentro deste escenario, as combinacións para formar maioría son aquí múltiples. O previsíbel descenso do apoio ao goberno do PSOE podería facer precisa non só a presenza do BNG senón o concurso dunha terceira forza, papel para o que IU tería, a priori, case todos os boletos.

 

4'7 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>