As cadeiras


Etiquetas: Fina Casalderrey, opinión

22/06/2011 - Fina Casalderrey

O manifesto O xogo das cadeiras foi unha chama que alumeou un feito escuro, matematicamente incuestionable, no que o pobo posiblemente non reparaba: dos 30 membros da RAG, só 4 son mulleres. Logo xa está en cada quen pensar se isto que acontece é lóxico e enriquecedor, cambiar.

Opino que a capacidade humana para acometer un reto é andróxina, capaz de actuar por riba do xénero, sen negalo. “A lóxica da mestizaxe non é masculina ou feminina, senón algo compartido por todos os que ven a pluralidade infinita da realidade”, dixo Margarita Rivière, e eu estou con ela.
Arrastramos unha débeda histórica que deberiamos reparar pouco a pouco. Ninguén pide botar fóra a quen está, senón que, cando xorde a oportunidade de buscar novas candidaturas, se conte coa preparación e dedicación de moitas mulleres capaces. A misión da RAG é preservar a lingua e a cultura galegas, velar por que teñan unha sa e longa vida, polas “mil primaveras”...

Non podemos normalizar un pobo se non normalizamos as voces que o habitan (homes e mulleres: persoas capaces). O devandito manifesto non é máis ca un ruído humano que pretende frear esa inercia sexista e reparar esta inxustiza histórica.

Xa en 2006, a académica Rosario Álvarez (con quen tiven a sorte de coincidir no bacharelato) repasaba a escasa presenza das mulleres na RAG. Dise que o século XXI é o da liberación da muller, o século da conquista das liberdades, da equiparación, pero vese que, aínda para algo tan obvio, se precisa un manifesto que xere debate. Coido que ata Murguía, aquel primeiro presidente do 1906, lle faría un xusto sitio a Rosalía se ela vivise daquela. E mesmo antes, Curros, alá na Habana, onde din que comezou a fermentar a Academia, estaría de acordo.

Non está mal que a xente saiba estas cousas, que se cree opinión. Se a RAG non se pronuncia quizais sexa que non atopa argumentos en contra do manifesto e que considere que a inxustiza é evidente. Se se quere, estes males teñen remedio, nada ten que ver cos da copla.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>