Comentarios en Galiciaé


Etiquetas: comentarios

22/04/2008 - Galiciaé

Os comentarios de Galiciae non están moderados, aparecerán na páxinas despois de ser enviados. Como en calquera outro medio, aqueles considerados inadecuados polos administradores serán eliminados.

Algunhas normas de 'Netiqueta'
- Non necesitas estar rexistrado para comentar pero non uses o anonimato como coartada para dicirlle á xente cousas que nunca lle dirías se as tiveses diante. As mesmas normas da comunicación persoal valen para a web.

- Serán considerados negativos os comentarios con insultos ou descalificacións persoais dirixidas aos implicados na noticia, ós autores ou a calquera outro comentarista.

- Evita por favor o uso de MAIÚSCULAS que dan a impresión DE ESTAR BERRANDO. Non abuses tampouco das negriñas.

- Tenta adecuarte ao tema e non facer comentarios que nada teñan que ver coa noticia. Tampouco se admitirá spam nin publicidade.

- Non comentes de maneira repetitiva nin usando dobles identidades ou suplantando a outros comentaristas.

- Non lle deas de comer aos trolls. Non serve de nada caer na trampa dos usuarios que só tentan provocar.

E lembra que a norma básica é o sentidiño común, así que tentemos entre todos manter un  ambiente agradable no que todos poidan comentar.

Funcionamiento da valoración de comentarios
Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades (votacións, karma, foto personalizada...).

Por exemplo, é necesario ser usuario rexistrado para valorar os comentarios.

A votación realízase a través das frechas verde e vermella presentes na esquina superior dereita. Non podes votar máis dunha vez nin valorar os teus propios comentarios.


As valoracións teñen efecto na súa visibilidade. Un comentario valorado positivamente por moitos usuarios cambiará de cor (a letra e o fondo volveránse máis escuros) destacando entre os demais.

Polo contrario, se recibe varios votos negativos, perderá visibilidade. Estes cambios van parellos á escala de cualificativos: interesante-destacado-normal-discutible.

No caso de que un comentario reciba un número moi elevado de votos negativos será 'castigado' quedando oculto por defecto. Aínda así, calquera poderá activalo para a súa lectura.


Usuarios rexistrados
Como premio á fidelidade, os comentarios de usuarios rexistrados aparecerán por defecto como 'destacados'.

Aínda así, os votos recibidos afectarán á publicación de comentarios futuros: un usuario que reciba a miúdo valoracións positivas verase 'premiado' cunha maior visibilidade mentres que se é 'castigado' rebaixará o seu 'estatus'.

3'8 (616 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario