El blog de María Varela
El blog de María Varela
Unha escena da obra Os reis caóticos. RAFA FARIÑA

O xogo do teatro

ÉRGUESE o pano e aparece unha muller con camiseta e pantalón negro e cunha gorra estilo Gatsby chea de ideas marabillosas. Acomoda os lentes sobre o nariz e cóntalle ó público que enche o patio de butacas o día no que se adentrou nun cole do interior lucense e descubriu unha aula cun pequeno escenario, na que os armarios se convertían en camerinos e as cadeiras e as mesas...
Un cabaliño de mar no fondo do océano. EFE

Agora ou nunca

CIRCULA estes días polas redes as imaxes do curioso baile dun choco no fondo da enseada de San Simón. Todo un festival de cores baixo a a auga que sorprende pola súa luminosidade e a variedade de tons que estes animais despregan no seu hábitat natural. O vídeo, elaborado polo cámara Pedro Alonso, reflicte a beleza das profundidades das Rías Baixas cunha paleta de cores que...
Gómez Noya, campeón en Pontevedra. RAFA FARIÑA

A cidade como medalla

"VAMOS, venga!", gritaba tralas vallas colocadas na Ferrería un home xunto a dous nenos pequenos ó paso dos corredores con malla vermella. "Go, USA!", dicía cando o que pasaba suando era un atleta do xigante americano. "Allez, La France!"… E así. Durante o tempo que durou a carreira do pasado sábado do Triatlón, aquel home de complexión atlética e mochila infantil ás...

Votar con v

NA CLASE de quinto de Primaria preguntaron esta semana canto sabía cada un dos candidatos á Presidencia do Goberno e a quen votarían se tivesen a idade para facelo. A maioría do alumnado coñecía dous ou tres nomes, como moito a coleta dun terceiro ou as bromas co Falcon ou a afección á teletenda dalgún candidato no debate da semana e pouco máis. Houbo quen se animou a...
Imaxe de arquivo da vella iniciativa Abrazos gratis. OLGA FERNÁNDEZ

Os abrazos

HAI UNHAS semanas, cando convimos que o inverno xogaba a ser verán antes de hora, baixaba pola Praza da Verdura contra a hora do vermú cando dei cunha compañeira que estivera de prácticas unha temporada e á que había uns anos que non vía. As nosas miradas cruzáronse e, tralo segundo de rigor no que o cerebro escanea o rostro que ten diante e abre a carpeta das lembranzas,...
Un grupo de científicos se concentró este viernes a las puertas de la Moncloa. BALLESTEROS, EFE

Bajo las estrellas

ESTA primavera con olor a verano que nos ha traído marzo a la sombra de un evidente cambio climático nos está dejando noches despejadas de cielos tan brillantes que parece que estuviéramos más cerca de los astros. Si hasta los destellos rojos, azules y verdes de Sirio se pueden contemplar desde la ventana casi de un vistazo. Y en ese paseo bajo las estrellas surgen desde...
A escritora fina Casalderrey, a ilustradora Lucía Cobo, a mestra Fátima Ruibal e o editor Fran Alonso na presentación de A furgoneta branca. GONZALO GARCÍA

Fina e a filla do campaneiro

A FILLA do campaneiro de Moraña esmiuzou con tanto agarimo as lembranzas da súa nenez no Grupo escolar con dona Fina e don Mariano, "antes ós mestres chamabámoslles de don e dona", dixo, que a ver quen foi quen de non evocar para os adentros ó profe de seu que lle deixou unha fonda pegada nos tempos da escola. Durante a presentación do novo libro de Fina Casalderrey,...

Negacionismo

Non lle gustaba nada falar de según que cousas. Se a filla maior sacaba o tema na sobremesa, ela arrodeaba a cunca con toda a man, apertaba ben a culleriña e remexía aquilo con tanto ímpeto que ata formaba un remuíño de café con leite. Contestaba ás queixas da rapaza con evasivas tópicas como iso de que nos temas de parella non hai que meterse ou cun repertorio avellentado....
Una niña hace cola junto a su madre para poder votar al sur de Teherán. EFE

Perigo, mulleres opinando

HAI SEIS anos sorprendíanos a imaxe da primeira rolda de prensa do que entón era o recén nomeado ministro iraní de Exteriores, Mohamad Javad Zarif, cunha chea de cadeiras nunha sala de prensa ocupada por homes. Todas elas. Sentadas no chan, nun pequeño corredor que quedaba entre as ringleiras de asentos, vestidas de negro da cabeza ós pés, tomaban nota un grupo de mulleres...
Conserveiras traballando. ARQUIVO DO GRIS AO VIOLETA

Cinco anos do gris ó violeta

A PALETA de cores da memoria en Pontevedra tinguiuse de lila hai xa cinco anos. Naceu entón unha iniciativa que pretendía poñer luz sobre moitos nomes de muller que permaneceran na escuridade duns anos terribles. ‘Do gris ao violeta’ conseguiu que as historias silenciadas de mestras e científi - cas, das mulleres represaliadas e esquecidas, das nosas creadoras, das que...
Nenos nun parque infantil de Pontevedra. ADP

Un mundo con nenos

O PEOR do problema demográfico non son as estatísticas que ano a ano van debuxando a sangría poboacional cunha liña recta descendente e sen freo. O peor non é contar cantos pobos van quedando baleiros ou habitados por un ou dous ancianos, nin que saibamos que somos o segundo país máis envellecido de todo o mundo e non fagamos absolutamente nada por remedialo. O peor...

Esta febre de Nadal

CADA ano sucumbimos antes ó delirio do Nadal. Case non inauguramos decembro e xa estamos baixando do faiado a caixa dos adornos e a vella árbore que torna de aspecto do abrente á noitiña. Non hai dous iguais: unha bóla que acaba rompendo, un anxo que queda sen ás, outra postal nova ateigada de purpurina... Recoñézome nas imaxes de parellas de namorados facéndose selfis...

A resistencia

NOS TEMPOS do dixital o papel é o soporte que nos mantén os pés na terra. A nosa resistencia. O meu pequeno, con pouco menos dun ano, gateando pola casa, dera cunha revista que agonizaba no chan e intentou mover a imaxe da portada preméndoa co mostreiro. Decateime do seu xesto innato, de como agarimaba aquela folla de papel couché co seu dediño, coma se quixera...
David Summers durante o concerto de Hombres G en Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ

O marcapasos

É a música un fío que vai enlazando recordos, épocas ou momentos da vida. Unha sorte de marcapasos que vai acendendo o corazón a cada latexo entre notas que brillan como chispazos dun tempo anterior

Espectáculo de maxia.DP

O mago

UNHA hora antes da actuación do mago, algúns maiores empezaban a ocupar as primeiras cadeiras naquela pequena praza de barrio. Adoitaban facelo tanto se sobre o pequeno escenario se agardaba un contacontos infantil, un grupo de gaitas ou unha representación teatral. Esa tarde de agosto, que ulía a despedida e tormenta, era a quenda da maxia. Conforme avanzaba a tardiña...
Praza de Mugartegui o pasado 11 de agosto. RAFA FARIÑA

Palabras esquecidas

ESCRIBÍN ESTAS palabras aínda co voo dos papeliños de cores na ventá e un remuíño de emocións nos adentros, aínda cun belisco no corazón e co eco dunha praza fermosa e ese dó desacompasado entre a música da charanga e os pitos da Policía Local. Escribín isto hai xusto un mes, aínda coa emoción fortemente anoada ó estómago, supoño que no fondo non quería que saísen as bágoas...
Imagen para el artículo de María Varela del 04.09.18

Cazadores de abrentes

A LGUNHAS mañás saio a camiñar sen levantarme da cama sequera. Dei coa maneira de cumprir -a distanciacunha das teimas de cada setembro, coma este que xa mordemos. Desde hai uns días esperto, abro a ventá social e boto a andar ás agachadas por diferentes corredoiras ata que dou con eles. Non son avenoiteiras coma min, senón unha sorte de cazadores de abrentes que ateigan as...
Imagen del artículo de María Varela del 31 de julio

Imaxinar o mar

POR IMAXINAR, imaxino que estamos no verán e que teño un feixe de horas para gastar a pracer. Véxome camiñando sen mochila ó lombo por un carreiriño de pó e pedras, arrodeada de silveiras e amoras a piques de madurar e, de fondo, podo escoitar ó murmurio dun regato e o laretar en galego das bubelas. A paisaxe é verde, este ano si, moi verde. Por algo choveunos ata en soños....
Redeiras en Combarro. RAFA FARIÑA

Co fío da afouteza

A PRIMEIRA vez que vin un grupo de mulleres tecendo unha rede foi durante a crise do Prestige. Naquel novembro de 2002, ó tempo que a ameaza do fuel avanzaba coa marea cara a riqueza galega, vogaba o medo sobre a auga, como unha lingua pegañenta e velenosa. Para facerlle fronte, mulleres de todas as idades, construíron círculos de sororidade nos peiraos e empezaron a...
Ventás abertas con vistas ó centro histórico de Pontevedra. DAVID FREIRE

... E que entre o aire

C ANDO aquel fotógrafo de Ourense que pasara un tempo percorrendo Alemaña e retratando os galegos na diáspora chegou á vila á que emigraran os seus curmáns, chamoulle poderosamente a atención que as portas das casas permanecían abertas e as bicicletas aparcadas fóra. A calquera hora do día. Naquela vila do val do río Kocher non había cancelas nin tampouco candados. Incluso...