Lunes. 11.12.2017 |
El tiempo
Lunes. 11.12.2017
El tiempo

Cambios indispensables

OS ÚLTIMOS meses non se desenvolveron nun escenario axeitado para afrontar a reforma da Constitución, pero co ano novo, logo das eleccións catalanas coas que se debería recuperar a normalidade política, xa non hai escusa para seguir recluíndose nun edificio que amosa gran fatiga de materiais, incluída algunha viga mestra, logo de corenta anos desde a súa construción e dous retoques mínimos, como graficamente indica unha decena de catedráticos de Dereito Constitucional e Administrativo unidos para darlle un toque de atención a todos os partidos.

Porque resulta imprescindible clarificar a relación entre o Estado e as autonomías que supere o defectuosísimo sistema de competencias e darlle utilidade ao Senado máis que para a aplicación do artigo 155. E o modelo territorial non é o único no que se debe avanzar, pero aínda que fora só por iso xa se faría indispensable. 

Cambios indispensables
Comentarios