Opinión

Dobre risco no Constitucional

OPERACIÓN DE alto risco a que emprende o Goberno ao impugnar a candidatura a president de Puigdemont, ao que se lle permitiu competir electoralmente para conseguir un escano desde o que representar aos cataláns no lexislativo porén ao pouco concrétase a oposición a que os represente desde o executivo, quizais porque se desprezou daquela a posibilidade de que as urnas situasen aos herdeiros de CiU en disposición de liderar o Govern.

E o risco ten dobre galla, pois por un lado pode racharse no Constitucional a unanimidade habitual no caso catalán, logo de que o Consello de Estado considerara que non existe fundamento para a impugnación. E outra segunda, e non menos importante, é o favor que o Goberno lle pode facer ao independentismo se o TC acepta o recurso, porque así libraríase do incómodo fuxido Puigdemont para así xa libremente optar por outro liderado sen lastre.

Comentarios