Opinión

Eleccións para dialogar ou encapsularse

O MALO das eleccións, se unha elección pode ter algo malo, é que o bloque que goberne en Cataluña non se aproxime á outra parte. Faise indispensable prescindir das posicións maximalistas que se veñen mantendo ata agora, sobre todo porque a poboación está dividida máis ou menos á metade.

Este diálogo imprescindible debe incluír o respecto mutuo, que agora non se dá; evitar tanto a locuacidade ofensiva con Cataluña como as acusacións a España. Foron tan duros nas expresións ambos que incluso se acusaron de organizar un golpe de Estado, primeiro os constitucionalistas cando os secesionistas convocaron un referendo e logo os independentistas cando foi suspendida a autonomía catalá e destituído o Goberno. Pero non parece que vaian ser a panacea os comicios porque quizais o gañador interprete o apoio cidadán como lexitimador da súa postura extrema, e volta empezar.

Comentarios