Jueves. 22.02.2018 |
El tiempo
Jueves. 22.02.2018
El tiempo

O pacto como esencia da democracia

É DIFÍCIL IMAXINAR un acordo de goberno entre PP e Podemos. Non se rían, xa sei que non vai ocorrer, pero en democracia nunca debería desbotarse ningunha posibilidade. A esencia do sistema é o pacto, por moito que sexa entre os máis diferentes do abano político. O problema é que aquí vemos distantes as coalicións executivas, aínda que intúo que estamos cada vez máis preto de que iso suceda tras unhas eleccións xerais. En Alemaña partidos con similitudes ao que en España son PP e PSOE achegáronse para gobernar xuntos, igual que fixeran xa por primeira vez en 1966 e logo recuncaran no 2005 e 2013. Aquí a simple abstención dos socialistas para que Rajoy seguira na Moncloa provocou un terremoto no partido, pero hai veces que un resultado obriga a que dous fagan cesións dolorosas, como pasa agora en Alemaña, onde as bases andan revoltas, pero isto é a substancia da democracia.

O pacto como esencia da democracia
Comentarios