Jueves. 18.01.2018 |
El tiempo
Jueves. 18.01.2018
El tiempo

Parecía que si, pero a tensión non decae

REMATA O ANO que se di de inicio da recuperación económica, aínda que as familias apenas o perciban porque o paro segue en niveis excesivos e os soldos non se repararon; pero o protagonismo en 2017 foi de Cataluña, sobre todo no derradeiro terzo, e logo das eleccións que a maioría dos partidos malinterpretou antes de celebrarse a comunidade vai seguir acaparando atención.

É posible que non volva ser considerado como o segundo problema do país, como ocorreu nun dos últimos barómetros do CIS, pero o asunto quedou curado en falso coa aplicación do 155 e os próximos meses manterase a tensión a pesar de que o risco de escisión agora é menor. Nun Parlamento tan polarizado, con maioría independentista e a ameaza constante do Goberno ante calquera movemento dubidoso, as tiranteces continuarán, agravadas polos problemas xudiciais dun bo número de deputados. A tensión non decae.

Parecía que si, pero a tensión non decae
Comentarios