Opinión

Posverdade, propaganda, o de sempre

Uns chámanlle posverdade, outros quéixanse de interferencias externas, e poden ter razón, pero do que se trata non é de nada novo, é simplemente propaganda, na que ao longo da historia houbo e hai grandes expertos, pero sobre os que sobresae Goebbels. O político nazi, coñecedor de que unha mentira se se repite suficientemente acaba por converterse en verdade, ideou o principio de orquestración, baseado en que se reitere constan temente un pequeno número de ideas. Suxire agora o PP unha loita contra as noticias falsas, pero quizais o que agocha é o rexeitamento das que lle prexudican, porque este partido, como todos, recorren á propaganda para os seus fins, algunhas veces tamén con outro principio goebbeliano, o de silenciación: acalar as cuestións negativas e magnificar os erros dos demais coa axuda de medios afíns. cambian os soportes, pero os métodos mantéñense.

Comentarios