Opinión

Reacción emocional ante a violencia

REACCIÓN SOCIAL frecuente a un acto que contravén as normas é a dureza extrema como barreira contra algo similar que poida vir, cando non simplemente un castigo equivalente ou maior ao dano causado. É o máis humano, pero habitualmente pouco sensato se de evitar a criminalidade se trata, pois por datos compróbase que onde está establecida a pena de morte non é precisamente o lugar no que se producen menos asasinatos. Tras o falecemento de Diana Quer recuperouse a campaña para manter en España a cadea perpetua, eufemisticamente bautizada como prisión permanente revisable, como se iso freara a delincuencia; igual que en Estados Unidos o presidente defende armar os profesores (en varios estados xa o están) para evitar máis masacres en centros educativos. Como lle dea a un mestre por matar alumnos xa vexo a cada neno cunha pistola. O emocional supera o racional.

Comentarios