Opinión

Recusacións por suspicacia

AS RECUSACIÓNS de maxistrados non son habituais na cultura xudicial española por seren excepcionais os intereses dos xulgadores nunha causa; pero nos últimos anos a situación cambia ao sentarse diante dos tribunais un bo número de representantes de partidos ou os partidos mesmos, como ocorre agora co PP pola caixa b. E todo porque os máis altos cargos da xudicatura sono por proposta política, o que podería determinar as súas decisións. Sería sospeitoso que un xuíz nomeado polo PP decidira sobre a acusación de que o partido recibiu durante décadas diñeiro de empresarios que non se declaraba e se destinaba sobre todo a campañas electorais e pagos a dirixentes; pero igualmente entraría na suspicacia que o maxistrado encargado chegara ao Consello Xeral do Poder Xudicial por iniciativa do PSOE ou nacionalistas periféricos. A unión executivo-lexislativo-xudicial ten estas eivas.

Comentarios