Opinión

Seguidismo do máis forte

OU COMIGO ou contra min. Con Trump non hai medias tintas, aínda que nisto non é moi diferente dos anteriores presidentes estadounidenses, aínda que algúns non foran tan impertinentes, porque o país máis poderoso do mundo arrastra a outra inxente cantidade de estados nas súas decisións. A última arrogancia, ameazar a quen votara contra o seu apoio ao cambio de capitalidade israelita de Tel Aviv a Xerusalén. Como antes unha manchea de países aceptaron o absurdo embargo económico a Cuba para non perder a amizade americana. E non hai moito subscribiron a independencia de Kosovo para importunar a Rusia porque así o defendía EE UU. Se este quixera que Cataluña se segregara de España, nacería un novo Estado en Europa, por riba de leis propias ou calquera outro argumento. O país máis forte pode ameazar cando a outros nin sequera se lles permite queixarse.

Comentarios