Barcelona e Lleida pasan este xoves á fase 3 da desescalada

Salvador Illa, antes de comparecer en la Comisión de Sanidad del Congreso celebrada este jueves. BALLESTEROS (EFE)
photo_camera Salvador Illa. BALLESTEROS (EFE)

Barcelona, a súa área metropolitana e Lleida pasarán á fase 3 da desescalada a partir deste xoves, segundo acordaron este mércores nunha reunión bilateral o ministro de Sanidade, Salvador Illa, e a consellera catalá de Saúde, Alba Vergés.

Fontes da Generalitat avanzaron que finalmente se optou por non esperar ao próximo luns, cando xa non estará en vigor o estado de alarma en España, de forma que toda Cataluña estará xa na fase 3.

O ministro xa dixera en TV3 que as cousas se fixeron correctamente en Cataluña e que os brotes que se detectaron hai unhas semanas en Lleida foron controlados.

Comentarios