martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

Johnson ingresa nun hospital por "precaución" ante os seus síntomas de covid-19

Boris Johnson se dirixíu ao país. EP
Boris Johnson se dirixíu ao país. EP

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, foi ingresado nun hospital como medida de "precaución" ante os "síntomas persistentes" provocados polo covid-19, anunciou este domingo un portavoz de Downing Sreet.

Johnson, de 55 anos, informou de que dera positivo polo novo coronavirus o pasado día 27 de marzo e permaneceu illado desde entón na súa residencia oficial en Londres.

"Baixo as recomendacións do seu médico, o primeiro ministro ingresou nun hospital para que se realicen probas", indicou o portavoz oficial do xefe de Goberno nun comunicado. 

"Esta é unha medida de precaución, dado que o primeiro ministro continúa tendo síntomas persistentes de coronavirus dez días logo de dar positivo", agrega esa nota.

Downing Street, que ata agora mantivo que Johnson desenvolvera "síntomas leves", subliña que non se trata dun ingreso de "urxencia" e que o primeiro ministro mostra, entre outros síntomas "temperatura alta". 

O comunicado recalca ademais que Johnson mantense a cargo do Goberno e en contacto cos seus ministros e altos funcionarios.

"O primeiro ministro agradece aos traballadores do NHS (sistema de saúde público) o seu incriblemente duro traballo e urxe aos cidadáns a continuar cumprindo as recomendacións do Goberno de permanecer en casa, protexer o NHS e salvar vidas", sinala o comunicado de Downing Sreet. 

A parella do primeiro ministro, Carrie Symonds, embarazada do primeiro fillo de ambos, informou pola súa banda de que pasou unha semana na cama con síntomas compatibles co novo coronavirus, aínda que non chegou a someterse a unha proba diagnóstica. 

No Reino Unido rexistráronse ata agora 4.903 mortos por covid-19, tras un aumento de 621 vítimas mortais comunicado este domingo, e os contagios totais confirmados son 47.806, tras 195.524 test realizados. 

Johnson ingresa nun hospital por "precaución" ante os seus síntomas...
Comentarios