Carcaño quere pagar a indemnización á familia de Marta del Castillo de 20 en 20 euros

O asasino confeso da moza debe pagar 340.000 euros 

Miguel Carcaño, asasino confeso de Marta del Castillo. EFE
photo_camera Miguel Carcaño, asasino confeso de Marta del Castillo. EFE

O asasino confeso de Marta del Castillo, Miguel Carcaño, propuxo á Audiencia Provincial de Sevilla pagar os 340.000 euros de indemnización á familia da moza a razón de 20 euros ao mes, segundo confirmaron a Efe fontes do caso.

A Sección Sétima, que condenou a Carcaño a abonar 140.000 euros a cada un dos pais da moza asasinada e outros 30.000 a cada unha das súas irmás, recibiu esa proposta e en tres días decidirá se a estima ou non, xa que a Fiscalía, a acusación particular e incluso a defensa dispoñen dese prazo para presentar alegacións.

En calquera caso, e segundo informaron fontes do caso a Europa Press, Carcaño, comezou co pago da indemnización co abono de 20 euros na conta da Audiencia Provincial de Sevilla. 

Carcaño foi condenado a 21 anos e 3 meses de cárcere, pena que está a cumprir na prisión de Herrera da Mancha (Cidade Real). 

Comentarios