Casado e Sánchez negocian unha reunión para principios da próxima semana

Reunión entre el presidente del Gobierno en funciones, Pedro Sánchez, y el líder del PP, Pablo Casado. INMA MESA (EFE)
photo_camera Reunión de hai uns meses entre Pedro Sánchez e Pablo Casado. INMA MESA (EFE)

O encontro entre o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder da oposición, Pablo Casado, que a Moncloa anunciara para este xoves e que ía dar inicio á rolda de contactos para a reconstrución tras o coronavirus, non terá lugar ata principios da próxima semana.

Así o manifestou o PP, que a través dunha nota de prensa, informa de que se está a coordinar unha data para inicios da semana que vén e se está facendo "hoxe si polas canles habituais", despois de que este martes Moncloa anunciase o inicio de contactos en rolda de prensa sen falar cos populares.

O Goberno, pola súa banda, informou de que está a convocar durante este mércores a reunións bilaterais para este xoves e o venres aos portavoces de todos os grupos parlamentarios de maior a menor representación. De momento, xa está convocada para o xoves a reunión telemática de Sánchez coa líder de Ciudadanos, Inés Arrimadas, e co portavoz do PNV, Aitor Esteban.

Para o venres están previstas as videoconferencias coa portavoz de EH Bildu no Congreso, Mertxe Aizpurua, así como co portavoz de ERC, Gabriel Rufián.

Este xoves inícianse reunións cos grupos parlamentarios

Así, aínda que coa orde anunciada polo Goberno de maior a menor, a primeira quenda corresponderíalle ao PP, fóronse fixando as reunións con outros partidos con anterioridade.

O PP xa expresara o seu malestar polas formas de Moncloa e asegura que non quere "contribuír á estratexia de distracción do verdadeiro drama nacional" polo Covid-19, á vez que insiste en que "non é crible" a vontade de pacto de Sánchez.

A reclamación dos populares pasa, tal e como dixo este martes Casado, por "un plan de choque sanitario e económico", que é o que considera "urxente". Ademais, insisten en non vincular estes posibles acordos cos Pactos da Moncloa.

Comentarios