Celia Villalobos volve ser pillada 'coas mans na tablet'

As cámaras de La Sexta capturaron o momento no que a deputada do PP miraba varias pezas de roupa no seu dispositivo

Celia Villalobos visitando unha web de roupa desde a súa tablet no Congreso. LA SEXTA
photo_camera Celia Villalobos visitando unha web de roupa desde a súa tablet no Congreso. LA SEXTA

Celia Villalobos foi pillada de novo 'coas mans na tablet'. Se en 2012, as cámaras captaron como xogaba ao Candy Crush en metade dun debate sobre o estado a Nación, agora a deputada do PP foi vista comprando roupa online durante a sesión de control do Goberno. 

As cámaras de La Sexta capturaron o momento no que a dirixente popular miraba varias pezas de roupa na súa tablet. 

Preguntada por esta cuestión, Villalobos defendeu que fixo "o que lle deu a gana", segundo informa o diario Público.

Comentarios