O Chapo é declarado culpable por narcotráfico

O 25 de xuño coñecerase a sentenza contra o traficante por cada un dos cargos

El Chapo Guzmán.EFE
photo_camera O Chapo Guzmán.EFE

O próximo 25 de xuño coñecerase a sentenza contra Joaquín "o Chapo" Guzmán, declarado este martes culpable de narcotráfico por un xurado dun tribunal federal de Nova York.

Guzmán, que podería ser condenado a cadea perpetua, escoitou este martes como as oito mulleres e os catro homes que configuraban o xurado, declaráronlle culpable dos 10 cargos que se lle imputan.

O próximo 25 de xuño, será a quenda do xuíz Brian Cogan, que deberá determinar a pena de prisión por cada un dos cargos.

O proceso contra o mediático xefe do cartel mexicano de Sinaola iniciouse o pasado novembro e concluíu o 1 de febreiro, despois de que a Fiscalía e a defensa de Joaquín Guzmán realizasen as súas alegacións finais.

Comentarios