Torra recibe a alta médica, pero seguirá confinado na Casa dels Canonges

Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Quim Torra preside unha reunión do Goberno catalán de forma telemática. EP

O presidente catalán, Quim Torra, recibiu este mércores o alta médica, despois de que o 16 de marzo anunciase que dera positivo por coronavirus. Con todo, permanecerá confinado na Casa dels Canonges, residencia presidencial adxacente ao Palau da Generalitat.

Torra obtivo un resultado negativo no test quince días despois de que se lle detectase a infección de Covid-19, segundo explicou a Oficina do President nun comunicado. A pesar de recibir a consecuente alta médica, permanecerá na Casa dels Canonges "seguindo de xeito estrito as indicacións de confinamento que recibiron todos os cidadáns, así como as indicacións médicas".

Nas dúas semanas transcorridas desde que se soubo que dera positivo por coronavirus, Torra seguiu mantendo a actividade do Govern e celebrando reunións de xeito telemático.

O presidente catalán agradeceu "o apoio" recibido durante este período no que estivo enfermo e trasladou a súa "solidariedade" ás persoas que "loitan por curarse neste momento". Tamén enviou as súas condolencias aos familiares e amigos das vítimas de coronavirus: "Téñoos presentes cada día e cada hora e son a principal motivación para continuar traballando sen descanso para derrotar a pandemia", afirma. 

Comentarios