A Coruña xa se prepara para a voda entre Marta Ortega e Carlos Torretta

Contraerán matrimonio o venres nun enlace civil e a celebración, que comezará no Náutico, estenderase o sábado ao complexo de Casas Novas

Carlos Torretta y Marta Ortega. CABALAR (EFE)
photo_camera Carlos Torretta y Marta Ortega. CABALAR (EFE)

A Coruña xa empeza a notar os preparativos da que será sen dúbida a voda do ano na cidade herculina: a de Marta Ortega con Carlos Torretta. 

A herdeira de Inditex e o fillo do deseñador Roberto Torretta contraerán matrimonio este venres pola tarde e a festa alargarase ata o sábado. O enlace civil materializarase nun acto íntimo, para medio centenar de invitados, nunha casa que posúe Amancio Ortega na exclusiva zona do arrote. 

Haberá 400 invitados nunha celebración que empezará o venres no Náutico e se prolongará o sábado en Casas Novas

A celebración trasladarase a poucos metros de alí, ás instalacións do Real Club Náutico, que a familia Ortega alugou ao completo para a ocasión por ao redor de 28.000 euros. Nas inmediacións do luxoso club xa se percibe o ir e vir de furgonetas e incluso algúns cambios na súa decoración con vistas ao enlace do venres.

O enlace será civil e o acto terá lugar nunha casa de Amancio Ortega no Parrote

Vista do Náutico da Coruña. RCNCORUÑANo Náutico incorporaranse xa o resto de invitados, un total de 400 que serán recibidos con cun cóctel de benvida. Entre os confirmados, segundo a revista Diez Minutos, figuran caras coñecidas do mundo da moda e da aristocracia, como Jon Kortajarena, Amaia Salamanca ou Jessica Springsteen, filla do mítico autor do Born in the USA.

A celebración continuará o sábado ao grande en Casas Novas, o complexo hípico que creou hai case dúas décadas Amancio Ortega. 

O frechazo xurdiu nunha festa da revista Elle
Este enlace, que os noivos asinarán en réxime de separación de bens, será o segundo para Marta Ortega, que en 2014 se separou do xinete Sergio Álvarez Moya.

A herdeira do home máis rico de España, que agora ten 34 anos, e o seu futuro marido coñecéronse nunha festa da revista Elle en xaneiro de 2016. Entón xurdiu o frechazo e, aínda que o amor se fraguou a distancia, con el traballando en Estados Unidos e ela á fronte dos negocios do seu pai, a relación acabou chegando a bo porto.

Torretta, que estudou Belas Artes e Publicidade e traballou para varias axencias de modelos, nunca estivo casado antes, aínda que tivo relacións rechamantes, por exemplo coa tamén millonaria Vitoria Traina, filla da escritora Danielle Steelle, e co anxos de Vitoria's Secret Sigrid Agren e Andi Muise.

Comentarios