Desaloxan un club 'swinger' en Alemaña por un exceso de dióxido de carbono no local

Os participantes na orxía saíron á rúa tapados co primeiro que atoparon, sabas e toallas na maioría dos casos
Os participantes na orxía, tapados con toallas, na entrada do local. BILD
photo_camera Os participantes na orxía, tapados con toallas, na entrada do local. BILD

Unhas 350 persoas foron desaloxadas o pasado sábado dun club swinger na localidade alemá de Hattingen tras detectarse un alto nivel de monóxido de carbono no local, provocado posiblemente pola falta de ventilación. A policía comprobou que se excedeu o aforamento do local, con capacidade para unhas 160 persoas.

Os participantes na orxía saíron á rúa tapados co primeiro que atoparon, sabas e toallas na maioría dos casos. Así o mostra Bild nas imaxes publicadas este mércores.

Once persoas tiveron que ser atendidas por efectivos sanitarios –presentaban síntomas de intoxicación respiratoria como náuseas e mareos– e dous chegaron a desmayarse.

A policía de Hattingen asegura que se activou unha alarma no edificio por exceso de monóxido de carbono, pero os participantes na orxía non a escoitaron debido ao ruído e ao alto volume da música. 

Comentarios