O detido por ir a 228 km/hora nun Lamborghini é o youtuber Alphasniper97

O mozo David Díaz publica vídeos relacionados con videoxogos e recentemente colgou varios vídeos nos que falaba llo seu novo coche

Alphasnipe97.YOUTUBE
photo_camera Alphasnipe97.YOUTUBE

O mozo detido por conducir un Lamborghini Huracán a 228 quilómetros por hora unha estrada secundaria madrileña limitada a 100 é o youtuber David Díaz, que publica fundamentalmente vídeos relacionados con videoxogos, confirmaron a Efe fontes próximas á investigación.

A Garda Civil informou este martes da recente detención dun mozo de 22 anos nun dos controis rutineiros que fai Tráfico en estradas secundarias, en concreto no quilómetro 18 da M-111, no termo municipal de Algete.

Conducía un Lamborghini Huracán que circulaba a 228 quilómetros por hora nun tramo limitado a 100.
As fontes precisaron que se trata de David Díaz, máis coñecido como Alphasniper97, un youtuber español que sobe contidos de videoxogo e que conta con 4,3 millóns de subscritores.

Este mozo dedicou varios dos seus vídeos a contar que comprara un Lamborghini, algo que era "o seu soño", explicando cando o adquiriu, cando llo entregaron e mostrándoo aos seus seguidores mentres o conducía. 

Comentarios