Detido un home por matar a súa muller e a súa filla na súa casa de Esplugues

Trátase do primeiro crime de violencia machista do ano en España 
Vivenda onde un home matou a súa parella e a súa filla en Esplugues. EFE
photo_camera Vivenda onde un home matou a súa parella e a súa filla en Esplugues. EFE
Os Mossos d'Esquadra detiveron un home de 27 anos acusado de matar a súa muller, de 28, e á súa filla, menor de idade, na súa casa de Esplugues de Llobregat (Barcelona), no primeiro crime machista de 2020 en España.

Segundo informou a policía catalá, o dobre homicidio ocorreu cara ás 6:10 horas deste luns, festividade de Reis, cando o home, de nacionalidade española e veciño de Esplugues, matou a súa esposa e a súa filla no interior do seu domicilio familiar.

Os Mossos d'Esquadra desprazáronse, xunto á Policía Local de Esplugues, á vivenda, onde detiveron o suposto autor do dobre crime.

Ao lugar tamén acudiron efectivos do Sistema de Urxencias Médicas (SEM), que confirmaron a morte de ambas as vítimas.

O detido pasará nos próximos días a disposición do xulgado de instrución en funcións de garda de Esplugues de Llobregat (Barcelona).

A División de Investigación Criminal da Rexión Policial Metropolitana Sur de Barcelona abriu unha investigación para determinar as causas deste dobre homicidio, no primeiro crime de violencia machista en España en 2020. 

Comentarios