Detonada a 45 metros baixo o mar a bomba achada nunha praia de Barcelona

O proxectil foi neutralizado a unha milla náutica sobre a vertical da praia e a 45 metros de profundidade
2019082617152264635
photo_camera Acción levada a cabo para a detonación. EFE

Artificieiros da Armada detonaron cara ás 15.35 horas deste luns a bomba da Guerra Civil achada o domingo na praia de Sant Sebastià de Barcelona, con 70 quilos de trilita (TNT) altamente volátil, nun dispositivo que se levou a cabo segundo o previsto, sen incidentes relevantes.

Segundo informaron a Efe fontes do dispositivo de seguridade, o proxectil foi neutralizado a unha milla náutica sobre a vertical da praia e a 45 metros de profundidade.

A Armada trasladou a bomba, achada o domingo a uns 25 metros da praia, mediante globos de elevación mergullados no mar para proceder á súa explosión controlada nunha zona segura, a unha milla da praia e a 45 metros baixo mar, sen afectar á rede de oleodutos de Barcelona.

O artefacto, de 1,10 metros de alto e 80 centímetros de diámetro, contén 70 quilos de trilita -un composto químico explosivo coñecido como TNT-, altamente volátil.

A bomba foi localizada o domingo no fondo do mar, a uns 25 metros da praia, o que obrigou a pechar ao público a praia de Sant Sebastià, unha das máis concorridas da cidade, onde este luns ampliouse o perímetro de protección ata a chaira da praza do Mar.

Comentarios