jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

Vox terá unha vicepresidencia na mesa do Congreso

Meritxel Batet recibe o aplauso dos seus compañeiros do PSOE. EFE
Meritxel Batet recibe o aplauso dos seus compañeiros do PSOE. EFE
As Cortes da XIV lexislatura comezan a súa andaina este martes coa elección de Batet e Llop como presidentas de Congreso e Senado na segunda votación

A sesión constitutiva do Congreso da XIV lexislatura confirmou este martes que Vox estará presente na Mesa da Cámara baixa, onde o seu deputado Ignacio Gil Lázaro ocupará a vicepresidencia cuarta. O parlamentario de Vox obtivo os 52 votos do seu partido.

Como vicepresidente primeiro da mesa resultou elixido o deputado do PSOE Alfonso Rodríguez Gómez de Celis, con 108 votos; a segunda é Ana Pastor, do PP, con 101 votos; e a terceira é Gloria Elizo, de Unidas Podemos que obtivo 77 apoios.

Con todo, a repartición das catro secretarías da Mesa propiciou que Unidas Podemos teña dúas, o PSOE unha e o PP a outra, de modo que Vox quedou fóra e quedará unicamente cunha vicepresidencia. Así as cousas, ese órgano terá unha clara maioría das forzas de esquerdas, xa que os socialistas terán tres postos —incluída a presidencia— e Unidas Podemos, outros tres.

Mentres, o PP e Vox abriron este martes unha brecha nas súas relacións ao lanzarse mutuos reproches pola configuración da Mesa do Congreso, na que ambos consideran que foi o outro o que facilitou un maior protagonismo da esquerda.

BATET E LLOP. A composición da mesa decidiuse despois de que se elixise a presidenta do Congreso, que será de novo Meritxell Batet. A socialista foi elixida na segunda votación, na que se impuxo á popular Ana Pastor. Batet e Pastor foron as dúas candidatas que máis apoios obtiveron na primeira votación, e, como ningunha conseguiu a maioría absoluta, tivo que celebrarse a segunda rolda.

Nela abonda ter máis votos que o adversario, e a socialista recibiu 166 papeletas, fronte aos 140 da popular. Rexistráronse tamén 11 votos en branco e 29 nulos. Entre os primeiros están o dez de Cs. Entre os nulos, os de ERC, JxCat, Bildu ou BNG.

Batet xa foi presidenta do Congreso na anterior lexislatura, a XIII, que durou seis meses ao non poder callar a investidura e a formación de novo Goberno. 

La nueva presidenta del Senado. EFETamén no Senado foi necesario repetir a votación para elixir a nova presidenta, ao non conseguir a candidata socialista, Pilar Llop, a maioría absoluta que se esixe na primeira volta. Na segunda rolda, bastoulle con lograr maioría relativa.

Vox terá unha vicepresidencia na mesa do Congreso
Comentarios