Dous feridos de consideración en accidentes de tráfico en Xunqueira de Ambía e A Coruña

Ambos os sinistros foron choques, un na estrada de Piñeira a Buscelo e o outra nun cruzamento da Avenida de Arteixo

Dúas persoas resultaron feridas de consideración na tarde deste mércores en senllos accidentes de tráfico ocorridos no municipio ourensán de Xunqueira de Ambía e na cidade da Coruña.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o primeiro dos sucesos ocorreu ás 14.45 horas, cando dous vehículos chocaron na estrada de Piñeira a Buscelo, no termo municipal de Xunqueira de Ambía

Até o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Xinzo de Limia, axentes da Garda Civil de Tráfico, membros de Protección Civil e persoal sanitario do 061, que trasladou ao ferido ao Hospital Cristal Piñor.

Por outra banda, unha persona requiriu asistencia sanitaria despois dunha colisión entre tres vehículos rexistrada na autovía AG-55 ao seu paso pola Coruña. O sinistro tivo lugar á altura do cruzamento coa Avenida de Arteixo, en sentido Madrid.

Todo ocorreu pasadas as 17.00 horas, cando o 112-Galicia recibía o aviso dunha colisión entre tres vehículos na que podería haber unha persona atrapada.

Enseguida mobilizouse aos Bombeiros da Coruña, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e a membros de Protección Civil da localidade. Unha vez no lugar, os Bombeiros confirmaron que non for a necesario empregar o material de excarceración.