lunes. 18.11.2019 |
El tiempo
lunes. 18.11.2019
El tiempo

Ed Sheeran compra o emblemático restaurante Galicia de Portobello

Ed Sheeran. AEP
Ed Sheeran. AEP

O cantante quere convertelo nun exclusivo local de música en directo

"Un dos últimos auténticos restaurantes españois en Londres", así definen os residentes de Portobello, en Londres, ao mítico Galicia.

O restaurante, que botou o peche hai case un ano logo de tres décadas de actividade, pasou a mans do cantante Ed Sheeran por 1,7 millóns de euros.

A estrela de pop quere convertelo nun exclusivo local de música en directo, unha idea que non gustado demasiado aos veciños de Portobello, segundo recolle o diario Daily Mail.

"Creo que é unha pena, foi un lugar divertido para os locais, pero se se convirte nun lugar frecuentado por celebridades, ¿que sentido ten iso?", pregúntase un habitante do barrio londiniense. "O Galicia foi un dos lugares máis singulares e bohemios", engade outro.

Ed Sheeran compra o emblemático restaurante Galicia de Portobello
Comentarios