Errejón dálle o seu apoio a Sabela, que non atopa piso para ela e o seu can

A das Pontes leva semanas buscando fogar en Madrid e quéixase das rendas altas e a non admisión de mascotas

Sabela. INSTAGRAM
photo_camera Sabela. INSTAGRAM

Sabela Ramil, a artista das Pontes, leva semanas buscando piso en Madrid sen éxito. Para ela e para o seu can Lolo. A triunfita atribúeo a dúas cuestións: a subida esaxerada das rendas na capital e a non admisión de mascotas. Así o explicou a galega na súa conta de Twitter.

Entre os moitos apoios que recibiu, un destacou por encima dos demais, pola relevancia, e máis nos últimos tempos, do autor: Íñigo Errejón. O candidato de Más Madrid á comunidade deulle o seu apoio e, de paso, fixo campaña: "Hai moitas casas baleiras, temos que buscar a fórmula para sacalas en aluguer".

Comentarios