Extraen o veleno dunha serpe en Australia capaz de matar a 100 persoas

O réptil costeiro Taipan pode chegar a medir ata tres metros e a súa cor varía entre o amarelado, o marrón avermellado e o negro
Un exemplar de Taipan. WIKICOMMONS
photo_camera Un exemplar de Taipan. WIKICOMMONS

Cunha soa sesión de extracción, o Parque Australiano de Réptiles logrou recoller un total de 3,32 gramos de veleno dunha serpe costeira Taipan, suficiente para matar a 100 persoas, o que establece unha nova marca mundial.

A serpe costeira Taipan, que xeralmente vive no norte e este de Australia e sur de Papúa Nova Guinea, é considerada como unha das máis venenosas do mundo.

Os guardaparques lograron extraer das fauces de Whiplash, como bautizaron ao espécime de Taipan, un total de 3,32 gramos de veleno, co que superan a anterior marca mundial, de 3,1027 gramos, tamén logrado coa mesma serpe.

Esta cantidade de veleno extraído "é capaz de matar a cen persoas e excede a media de 1,8 gramos que se extrae en cada oportunidade", explicou este martes nun comunicado o Parque Australiano de Réptiles.

O veleno deste exemplar da serpe costeira Taipan (Oxyuranus scutellatus) servirá para o programa de produción de antídotos en Australia, onde cada ano son atacadas unhas 2.000 persoas, das cales unas 300 morren.

"As serpes costeiras Taipan son consideradas como unha das máis venenosas do mundo. Son coñecidas pola súa agresividade e as súas mordidas que causan cada ano un gran número de mortos", dixo Zac Bower, supervisor de Velenos deste zoológico.

A serpe costeira Taipan, que pode chegar a medir ata tres metros e cuxo cor varía entre o amarelado, o marrón avermellado ata case negro, adoita alimentarse de roedores, anfibios e réptiles pequenos e é esencial para o ecosistema australiano. 

Comentarios