Falece un neno de 9 anos tras chocar con outro menor mentres xogaban ao fútbol

As testemuñas do accidente denuncian a tardanza dos servizos de urxencia 

Hospital de Alacante. DIEGO DELSO (WIKIPEDIA)
photo_camera Hospital de Alacante. DIEGO DELSO (WIKIPEDIA)

Un neno de 9 anos faleceu no municipio alacantino de Orihuela tras chocar con outro menor co que estaba a xogar ao fútbol na praia este martes, segundo recolle a Diario Información.

O pequeno, de orixe británica, sufriu unha parada cardiorrespiratoria tras o impacto e caeu desvanecido sobre a area. As persoas que alí se atopaban chamaron aos servizos de urxencia e, mentres esperaban a súa chegada, realizáronlle as primeiras manobras de reanimación básica. 

A primeira ambulancia chegou 25 minutos logo da chamada e os sanitarios continuaron coa reanimación do pequeno ata a chegada dun terceiro vehículo medicalizado, 40 minutos despois do aviso inicial, no que o trasladaron ao hospital tras conseguir que recuperase o pulso.

Pola súa banda, as testemuñas do accidente criticaron a tardanza dos servizos de urxencia que estes achacaron ao feito de ter que desprazarse desde case 40 quilómetros.

Finalmente, o menor faleceu este mércores no Hospital de Alacante.