Gabilondo intentará formar unha maioría para gobernar a Comunidade de Madrid

O PSOE é o gañador das eleccións tras conseguir un 27% dos votos e 37 escanos

Ángel Gabilondo. PAOLO AGUILAR (EFE)
photo_camera Ángel Gabilondo. PAOLO AGUILAR (EFE)

O candidato do PSOE á Presidencia da Comunidade, Ángel Gabilondo, subliñou este domingo electoral que tratará de buscar unha maioría para formar goberno como gañador das eleccións autonómicas, a pesar de que o bloque PP, Cs e Vox obtería maioría absoluta nas eleccións.

"Non renunciamos a esa posibilidade", sinalou Gabilondo, xunto ao resto da súa candidatura autonómica e ao aspirante ao Concello, Pepu Hernández, na Sala de Columnas do Círculo de Belas Artes, a sede dos socialistas durante esta noite electoral, desde onde seguiron o reconto de votos dos comicios deste 26 de maio.

Co 95,99 % dos resultados escrutados, o PSOE é o gañador das eleccións con 27,42% dos votos e obtén 37 escanos na Asemblea de Madrid, pero non podería gobernar porque o bloque PP, Cidadáns e Vox alcanza a maioría absoluta. O PP quedou como segunda forza con 22,16 % dos votos e 30 escanos, 18 menos dos que tiña agora. 

Comentarios