A Garda Civil investiga a morte dun bebé de cinco meses en Tenerife

"Non se descarta nada: nin que fose morte natural, nin neglixencia, nin agresión", indicou unha portavoz

A Garda Civil investiga o falecemento dun bebé de cinco meses ocorrido na mañá do domingo nunha vivenda do municipio da Matanza, en Tenerife.

"Non se descarta nada: nin que fose morte natural, nin neglixencia, nin agresión", indicou unha portavoz da Garda Civil, porque aínda están á espera dos resultados da autopsia.

A Garda Civil foi alertada polo 112 ás nove da mañá do domingo e axentes do posto de La Victoria desprazáronse ao lugar, onde o persoal do Servizo de Urxencias Canario non puido reanimar ao bebé.

Hai varias liñas de investigación abertas; a Garda Civil tomou declaración á nai da pequena e busca a un familiar próximo á nena para tomarlle declaración, indicou a mesma fonte.

Comentarios