miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

O gasto en pensións rexistra a primeira caída mensual polo coronavirus

Protesta de pensionistas en A Coruña. EP
Protesta de pensionistas en A Coruña. EP
No caso das baixas influíu que a mortaldade pola Covid-19 afectou en maior medida ao colectivo de maior idade

A nómina das pensións contributivas da Seguridade Social ascendeu a 9.852,78 millóns de euros a 1 de maio, o que supón unha caída mensual do 0,27 %, o primeiro retroceso da serie, debido ao descenso do número de altas e ao incremento das baixas polos efectos do coronavirus.

De acordo cos datos publicados este martes polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, o sistema contaba a 1 de maio cun total de 9.754.137 pensións contributivas, 38.508 menos que o mes anterior.

No caso da baixas influíu que a mortaldade pola Covid-19 afectou en maior medida ao colectivo de maior idade, mentres que no descenso das novas altas foino polo peche das oficinas que levou a moitas persoas a atrasar o trámite de incorporación ao sistema. 

GALICIA. A pensión media ao 1 de maio en Galicia foi de 858,62 euros, un 2,3 % máis que hai un ano pero 151,4 euros menos que a media nacional, segundo informa o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. En maio, o número de pensións en Galicia foi de 763.470.

O gasto en pensións rexistra a primeira caída mensual polo coronavirus
Comentarios