A Generalitat endurece o confinamento en Lleida e outros sete municipios do Segrià

Hospital de campaña montado en el recinto del hospital Arnau de Vilanova de Lleida. EFE
photo_camera Hospital de campaña montado no recinto do hospital Arnau de Vilanova de Lleida. EFE

A consellera de Saúde da Generalitat de Cataluña, Alba Vergés, anunciou este domingo que na cidade de Lleida e outros sete municipios da comarca do Segrià volverase a aplicar un confinamento parcial da poboación ante o aumento dos casos de transmisión de coronavirus. 

As poboacións afectadas por este confinamento parcial son Lleida, Alcarràs, Serós, Soses, Aitona, La Granja d'Escarp, Massalcoreig, Torres de Segre e as unidades municipais descentralizadas de Sucs e Raimat. Vergés explicou que a poboación debe permanecer en casa e saír só para ir traballar, sempre que non poidan facer teletraballo, e facer as compras e actividades de primeira necesidade.

As tendas de alimentación seguirán abertas, mentres que nos demais comercios será necesaria a cita previa. Os centros de actividades de verán para nenos e mozos seguirán abertos, pero a restauración só poderá traballar para as entregas a domicilio. En canto aos centros deportivos e culturais deberán permanecer pechados e só se poderá practicar deporte en grupo con persoas que formen parte do grupo de convivencia. 

A consellera indicou que, aínda que se reduciu o índice de transmisión en Lleida, no Segrià houbo un aumento de 190 casos desde este sábado e 691 na última semana. 

Comentarios