Un grupo de veciños reduce un home cando ía abusar dunha menor en Barcelona

Foron alertados polos berros da moza, que saíu ilesa do incidente

Un grupo de veciños reduciu en Barcelona a un home que supostamente ía agredir sexualmente unha menor de idade e que acabou detido por un axente da Garda Urbana fóra de servizo.

Segundo informaron este mércores fontes municipais, o incidente ocorreu a noite do pasado martes, cando un home se dispuña a abordar unha adolescente, ao parecer coa intención de agredila sexualmente, na rúa Sant Miquel de Barcelona, en pleno barrio da Barceloneta.

Alertados polos berros da menor, un grupo de veciños da zona abalanzouse sobre o home e logrou inmobilizalo, tras o que foi detido por un axente da Garda Urbana de Barcelona fóra de servizo que pasaba pola zona.

A menor á que o detido pretendía presuntamente abordar puido saír ilesa do accidente.

O detido foi posto posteriormente a disposición dos Mossos d'Esquadra, acusado dun delito de abusos sexuais. 

Comentarios