Italia pecha as aulas en colexios e universidades

A medida súmase á celebración de grandes eventos deportivos sen público
Una turista, en Roma.GIUSEPPE LAMI (Efe)
photo_camera Unha turista, en Roma.GIUSEPPE LAMI (Efe)

O Executivo italiano ordenou o peche desde mañá e ata finais de marzo de todos os colexios e universidades en toda Italia como medida de precaución ante a difusión do coronavirus no país.

O peche dos establecementos escolares e superiores era unha das medidas que recomendara o comité científico creado polo Goberno italiano e que inclúe, entre outras cousas, que non haxa público nos eventos deportivos, incluído o campionato de fútbol, ou a ampliación da "zona vermella" en corentena no norte do país. 

Ademais, Protección Civil recoñeceu este martes que non se pode descartar a ampliación das zonas de corentena, ata agora concentradas en dez pobos de Lombardía e nun municipio do Véneto. A nova zona vermella afectaría a Bérgamo, unha localidade próxima a Milán. 

En Emilia Romaña, Lombardía e Véneto os colexios e universidades estaban xa pechados desde fai 13 días, ao ser as máis afectadas pola epidemia, que xa causou máis de 2000 contagios e 79 falecementos en Italia. 

Comentarios