Sábado. 20.10.2018 |
El tiempo
Sábado. 20.10.2018
El tiempo

Bélxica rexeita entregar os exconsellers Comín, Serret e Puig por un defecto de forma na euroorden

Toni Comín chega ao tribunal para comparecer ante o xuíz belga de primeira instancia en Bruxelas, este mércores. STEPHANIE LECOCQ (EFE)
Toni Comín chega ao tribunal para comparecer ante o xuíz belga de primeira instancia en Bruxelas, este mércores. STEPHANIE LECOCQ (EFE)

A decisión baséase nun erro do xuíz Pablo Llarena, que debería ter emitido unha orde de detención nacional para apoiar á comunitaria e non o fixo

A Xustiza belga tomou este mércores a decisión de non entregar os exconsllers Tomi Comín, Meritxell Serret e Lluís ás autoridades españolas por un defecto de forma na orde de detención e entrega emitida polo xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena. Así anunciouno o propio Comín en declaracións aos medios, xunto con Serret e Puig, logo da audiencia na que a Cámara do Consello —o tribunal belga de primeira instancia— tomou esta decisión. 

"Queremos mostrar a nosa satisfacción rotunda, máis absoluta, porque efectivamente hoxe fíxose xustiza. A Cámara do Consello de Bélxica decidiu que non se executará a orde europea de detención porque é irregular, unha orde que non cumpre cos requisitos que determina o sistema europeo que regula as euroordes", afirmou o exconseller. 

O xuíz Llarena podería emitir unha nova euroorden contra os tres exconsellers que se atopan en Bélxica

O avogado de Puig, Jaume Alonso-Cuevillas, explicou que tanto a defensa dos políticos cataláns como a Fiscalía de Bruxelas coincidiron en sinalar que existe un defecto de forma que fai que a euroorden emitida polo maxistrado Pablo Llarena contra eles non sexa "tecnicamente" admisible. O problema é que non se basea en nova orde nacional de detención, senón no requirimento emitido meses antes pola Audiencia Nacional. Segundo a xurisprudencia comunitaria, cada orde de detención europea ten que estar apoiada por unha nacional. 

"O Ministerio Público pediu ao tribunal que declare irregulares as tres ordes de detención europea dada a ausencia de ordes de arresto nacionais adecuadas. O tribunal aceptou esta petición", informou a Fiscalía de Bruxelas nun comunicado. 

Puig mostrou a súa confianza en que o resultado do procedemento en Bélxica "acabe axudando aos compañeiros e compañeiras aínda en prisión"

Xa que logo, o tribunal belga decidiu rexeitar a petición da Xustiza europea por este motivo e sen entrar a valorar o fondo da cuestión, segundo sinalaron os avogados, que tamén apuntaron que o xuíz Llarena podería emitir unha nova euroorden contra os tres exconsellers que se atopan en Bélxica.  Con todo, Alonso-Cuevillas expresou que esta hipotética euroorden sería tamén "rexeitada" porque "a Xustiza belga ten moi claro que se está facendo un uso político da Xustiza por parte dos tribunais españois". 

Comín destacou que a decisión do tribunal belga é "unha vitoria xudicial moi importante".  Así, interpretou que a Xustiza belga mandoulle a mensaxe ao Tribunal Supremo de que "abusa do dereito penal" e do sistema europeo de euroordes. "Pedimos que se acabe este abuso de xeito claro, irrevogable e irreversible", reclamou. 

Bélxica rexeita entregar os exconsellers Comín, Serret e Puig por...
Comentarios