Lactalis retira do mercado varios lotes de bebidas lácteas por problemas de calidade

A firma detectou "a posible presenza de pequenas cantidades de auga oxigenada, utilizada para a desinfección do envase, o que podería provocar un sabor picante e irritación na boca"
Lactalis retirou varios lotes de Nescafé Shakissimo e Nesquik Shake. EP
photo_camera Lactalis retirou varios lotes de Nescafé Shakissimo e Nesquik Shake. EP

A empresa Lactalis Nestlé Produtos Frescos retirou do mercado español varios lotes das súas bebidas lácteas tipo batido con café ou cacao ("shake") como medida de precaución ante un problema "puntual de calidade" que podería provocar irritacións, segundo informou nun comunicado. 

A firma detectou "o posible presenza de pequenas cantidades de auga osixenada, utilizada para a desinfección do envase antes do enchido de produto, o que podería provocar un sabor picante e irritación na boca . 

Os produtos afectados elabóranse en Francia e comercialízanse en España baixo as marcas "Nescafé Shakissimo" e "Nesquik Shake". 

Lactalis difundiu os nomes dos lotes e a información sobre o lote/data de caducidade está na tapa superior do produto. 

Serían os seguintes: Nescafé Shakissimo Espresso Latte 190 ml 26/01/2021; Nescafé Shakissimo Vanilla Latte 190 ml 26/01/2021; Nescafé Shakissimo Decaf 190 ml 02/02/2021; Nescafé Shakissimo Caramel Latte 190 ml 02/02/2021; Nescafé Shakissimo Sabor Cookies 190 ml 02/02/2021; Nesquik Shake 190 ml 27/01/2021. 

A compañía solicita aos consumidores que teñan algún dos produtos afectados na súa casa que se absteñan de consumilos e contacten co servizo de atención ao cliente. 

Ademais, sinalou que o consumo do resto de lotes e produtos das marcas "Nescafé Shakissimo" e "Nesquik Shake" é totalmente seguro. 

Doutra banda, tamén se retiraron lotes de produtos fabricados para os seus distribuidores: "Copa choco nata marca El Corte Inglés 4 x 100g" e "Copa choco nata marca Milsani (ALDI) 4 x 100g". 

Comentarios