lunes. 30.03.2020 |
El tiempo
lunes. 30.03.2020
El tiempo

Liberados decenas de nenos encadeados para ser torturados nunha escola de Nixeria

Niños encadenados por los tobillos en un centro de Nigeria. EFE
Niños encadenados por los tobillos en un centro de Nigeria. EFE
Estaban enganchados polos nocellos

A policía de Nixeria liberou o pasado venres a máis de 300 persoas, na súa maioría nenos, maltratados e encadeados polos nocellos nunha suposta escola coránica no estado norteño de Kaduna, informaron fontes policiais.

"Recibimos información de que algo sucedía neste centro. Ao chegar aquí descubrimos que non se trata dun centro de rehabilitación nin dunha escola islámica", confirmou á prensa tras o rescate o xefe de Policía de Kaduna, Ali Janga, en declaracións recollidas por medios locais.

Moitos dos nenos -na súa maioría procedentes de Burkina Faso, Mali e outros países africanos- ademais de levar cadeas nos nocellos declararon ser abusados sexualmente, segundo fontes policiais, e torturados á vez que eran obrigados a recitar o Corán.

Pola súa banda, o propietario desta suposta escola asegurou que a súa única actividade era o ensino do islam, e rexeitou como falsas calquera acusación de tortura, "deshumanización e homosexualidade".

"Estas persoas están a ser utilizadas, deshumanizadas. Podedes velo por vós mesmos", continuou o xefe policial Janga, quen engadiu que "ningún pai razoable levaría aos seus fillos a un lugar como este".

As autoridades intentan agora contactar cos familiares dos menores liberados, que foron trasladados a un estadio de Kaduna, mentres que oito persoas permanecen arrestadas como sospeitosos.

Liberados decenas de nenos encadeados para ser torturados nunha...