lunes. 16.09.2019 |
El tiempo
lunes. 16.09.2019
El tiempo

Luis Enrique anuncia o falecemento da súa filla Xana

Luis Enrique. EFE
Luis Enrique. EFE
O exseleccionador español deu a nova en Twitter

O exseleccionador español Luis Enrique Martínez anunciou a noite deste xoves o falecemento da súa filla Xana.

"A nosa filla Xana faleceu esta tarde á idade de 9 anos, logo de loitar durante 5 intensos meses contra un osteosarcoma", publicou en Twitter. 

"Damos as grazas por todas as mostras de agarimo recibidas durante estes meses e agradecemos a discreción e comprensión", engade.

"Tamén agradecer ao persoal dos hospitais Sant Joan de Deu e Sant Pau", continúa, "pola súa discreción e trato, aos médicos, enfermeiras e a todos os voluntarios. Cunha mención especial ao equipo de curas paliativas de Sant Joan de Deu".

"Botarémoste moito de menos, pero recordarémoste cada día das nosas vidas coa esperanza de que nun futuro nos volveremo a atopar. Serás a estrela que guíe á nosa familia. Descansa Xnita. Familia Martínez Cullell", finaliza o comunicado.

Luis Enrique anuncia o falecemento da súa filla Xana