Madrid suspende as clases en todos os centros educativos polo coronavirus

A medida afecta a garderías, educación infantil, primaria, bacharelato, centros de formación profesional e universidades
A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, durante a reunión convocada con carácter extraordinario para abordar a situación do coronavirus na rexión. JAVIER LIZÓN (EFE)
photo_camera A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, durante a reunión convocada con carácter extraordinario para abordar a situación do coronavirus na rexión. JAVIER LIZÓN (EFE)

O Goberno da Comunidade de Madrid decretou a suspensión de toda a actividade educativa durante 15 días a partir do próximo mércores, 11 de marzo, para evitar a expansión do coronavirus na rexión, que concentra a metade de contaxios de España (578) e onde hai 16 falecidos.

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, informou en rolda de prensa desta medida, adoptada nun Consello de Goberno celebrado este luns con carácter extraordinario para determinar os pasos a dar ante o avance do coronavirus.

A medida, explicou Ayuso, afecta á actividade docente presencial "en todos niveis": garderías, educación infantil, primaria, bacharelato, centros de formación profesional e universidades.

Únicamente os centros de educación especial seguirán abertos.

O conselleiro de Sanidade, Enrique Ruiz Escudero, presente tamén na rolda de prensa, dixo que todas as medidas excepcionais tomadas pola Comunidade de Madrid estarán en vigor durante 15 días a partir do 11 de marzo, que "poden ser prorrogables en función da situación epidemolóxica".

Comentarios