domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

Morre un bebé que participaba nun ensaio clínico dunha farmacéutica

Logo de Novartis. TWITTER
Logo de Novartis. TWITTER

O paciente sufría atrofia muscular espinal, unha enfermidade cun elevado risco de morte antes dos dous anos

A farmacéutica suíza Novartis recoñeceu a posible relación entre a morte dun bebé de seis meses e un tratamento experimental da firma en proceso de aprobación para a súa comercialización.

Segundo informa Cinco Días, o pequeno participaba nun ensaio clínico coa terapia génica experimental Zolgensma, que pretende combater a atrofia muscular espinal que sufría o paciente mediante a corrección de fallos debilitantes en xenes. Esta enfermidade entraña un elevado risco de morte antes dos dous anos

A morte do bebé produciuse durante a última etapa da terapia por mor dunha infección respiratoria grave. A compañía e a familia aínda están pendentes dos resultados da autopsia.

Morre un bebé que participaba nun ensaio clínico dunha farmacéutica
Comentarios